ENTRENAMENTO ACTORAL Impartido por Tito Asorey

ENTRENAMENTO ACTORAL

Impartido por

TITO ASOREY

18 y 19 de junio, de 10.00 a 20.00

Precio: 75€ reserva de plaza + 75€ el 20 de mayo

Descuento de 30€ si reservas antes del 1 de junio

Total precio curso antes del 1 de junio: 120€

Cierre de plazo para entrega de escenas el 1 de junio

ESTE CURSO TIENE UN DESCUENTO DE 50€ SI HACES TU WEB PROFESIONAL EN AMVigo

ACTIVIDAD FORMATIVA: TE FACILITAMOS EL SALVOCONDUCTO PARA EL DESPLAZAMIENTO

Plazas limitadas previa selección
Interesados  enviar cv y foto para selección a

amvigo@actoresmadrid.com 

Taller con escenas en gallego o castellano, a elección de las actrices y actores

ENTRENAMENTO ACTORAL

Durante este obradoiro abordarase esencialmente o traballo da actriz e do actor como parte fundamental dunha posta en escena ou dunha secuencia audiovisual. Dun modo eminentemente práctico, xogaremos con diversas metodoloxías que nos permitan ter as ferramentas adecuadas como intérpretes á hora de mellorar a nosa técnica e poder facer fronte aos retos que se nos presenten. A través dunha serie de propostas dinámicas trataremos de aumentar a nosa capacidade de control emocional, empatía, dispoñibilidade, observación e escoita, motores esenciais para unha interpretación de calidade.

Obxectivos:

  • Afondar no coñecemento do aparello fonador conectado coa totalidade do corpo, centrándonos nas capacidades vocálicas e na conexión entre pensamento e fonación.
  • Ampliar as capacidades de entrenamento do corpo para que estea dispoñible para a escena
  • Desenvolver a nosa capacidade para transitar por diferentes estados emocionais, a partires do uso liberado do noso corpo e da nosa respiración.
  • Analizar os compoñentes básicos dunha escena. Análise semiótico dunha personaxe.
  • Comprobar as posibilidades da improvisación como posibilitador da creación escénica.
  • Poñer en pé unha escena, achegándonos á práctica da análise activa.

Materiales a utilizar

• Cada un das/dos participantes deberá traer un poema aprendido de memoria. Deberá ser un poema que teña algún tipo de vinculación emocional con el/ela. A duración do poema é libre, e pode ser tanto en forma de estrofa convencional ou de verso libre.
• Todos/as os/as participantes deberán traer aprendidas as escenas seleccionadas da peza A muller de antes, de Ronald Schimmelpfenning. Os homes, a personaxe de Fran. As mulleres, o de Claudia e Romina. Las escenas serán dadas polo director unha vez pechado o curso. Dez días antes do comezo.
• As/os participantes deberán traer roupa cómoda para a realización do curso.

Tito Asorey

www.titoasorey.com

Tito Asorey é licenciado en Historia e Arte Dramática (Dirección de Escena). Especialista Universitario en Arquivística. Mestrado en Artes Escénicas (Estudios Literarios e Teatrais). Compaxina desde o ano 2000 a súa dobre faceta como actor e director de escena, tratando de establecer unha retroalimentación o máis frutífera posible entre estes dous
oficios.
Como actor comeza a súa carreira profesional no teatro no ano 2000, cando se integra no elenco estable da compañía Sarabela Teatro, coa que traballou de xeito interrumpido ata o 2010, participando en todas as montaxes estreados pola compañía durante esa década. No ano 2011 pasa a formar parte do elenco da compañía Ur Teatro co espectáculo Macbeth, dirixido por Helena Pimenta. A partir do 2014 centra a súa carreira como actor no mundo audiovisual, incorporándose á serie de TV Serramoura como personaxe fixo, emitida con grande éxito pola TVG. Outras series nas que ten participado son O final do camiño (TVE), Viradeira (TVG) , Pazo de Familia (TVG) , Néboa (TVE) , Fariña (A3, Netflix), Método Criminal (TVG), Valeria (Netflix) ou Servir y Proteger (TVE). Como actor foi nomeado aos Premios María Casares no ano 2002 pola peza A conxura dos necios, galardón que obtivo no 2010 pola súa interpretación en A Esmorga. No 2021 foi finalista dos Premios Mestre Mateo á Mellor Interpretación Protagonista polo seu traballo no filme Arima.
Paralelamente á súa carreira como actor inicia a súa labor como director de escena, primeiro con colectivos amadores para dar o salto á dirección profesional no ano 2010 coa montaxe de Ai, Carmela! para Teatro do Adro. Tras o seu paso pola ESAD de Galicia funda, xunto con catro compañeiras, a compañía ilMaquinario Teatro, que durante a súa existencia (2012-2018) convértese nunha das compañías punteiras do panorama teatral galego. Coas súas tres montaxes, O Home Almofada, Perplexo e Resaca, todas elas dirixidas por Asorey, acadan unha posición de grande visibilidade tanto no ámbito galego como español, participando en numerosos festivais de grande prestixio, como Terceira Setmana (Valencia), Reclam (Castellón), Dferia (Euskadi), MadFeria (Madrid), Surge (Madrid), ou Chantiers d ́Europe (París). A compañía acada un total de 25 nominacións aos Premios María Casares e 9 premios en diversas categorías. No ano 2018 Asorey funda, xunto a Melania Cruz a compañía A Quinta do Cuadrante, coa que poñen en
escena o espectáculo O Empapelado Amarelo. No ano 2018 comeza a traballar tamén como director ao carón de Xose Antonio Touriñán, co que realiza a montaxe do espectáculo Somos Criminais (que bate todos os récords de taquilla do teatro galego, con máis de 60.000 espectadores), e Fariña, en base ao ensaio de Nacho Carretero sobre o
narcotráfico galego, co que acadan un grande éxito de público tanto en Galicia como en Madrid, onde se manteñen en cartel durante 6 meses.
Outras experiencias no ámbito da dirección a destacar son a súa dirección de O Mundo Persistente (producción do Centro Dramático Galego, o Teatro Nacional San Joao de Porto e o Teatro Dona María II de Lisboa, xunto coas escolas de Arte Dramático ESAD, ESMAE y ESTC), así como a súa labor como axudante de dirección na Compañía Nacional de Teatro Clásico durante os anos 2012-2014, onde realizou tamén a labor de coordinación pedagóxica da Joven Compañía Nacional de Teatro Clásico. Como director de escena foi galardoado en tres ocasións (2007, 2008 e 2010) co Premio Nacional “Buero” de Teatro Joven, co Premio María Casares á Mellor dirección de escena no 2015, e foi candidato en tres ocasións aos Premios Max, así como dúas veces ao Premio Nacional á mellor posta en escena outorgado pola Asociación de Directores de Escena de España.

INFORMACIÓN DE NUESTROS CURSOS, LABORATORIOS, DIPLOMATURA en…

www.amvigoescueladeactores.com

@amvigooficial